lunes, 21 de enero de 2008

Crónica de la Jornada +35

EL RINCON DE PONCIO
CRÓNICA DA XORNADA
REDONDO COMEZO DE LIGA DO CLUBE DE TENIS NEGREIRA NESTE FIN DE SEMAN.
SE O SABADO O ENFRENTAMENTO FRONTE O BERTAMIRANS -APRAZADO POLA CHUVIA-REMATABA CUN RESULTADO DE 5-2,O DOMINGO REPETIRÍASE O MESMO RESULTADO FRONTE O SQUASH CLUB SANTIAGO.

-NO SABADO o primeiro partido que enfrentou a Chito contra Javier Camafeita, acabou ca victoria de Chito por lesión do contrario tras unha bola a contrapé que acabou pagando coa lesión, cando o resultado rexistraba un 4-3 a favor do noso xogador.
-O partido de Mario contra Fernando, foi de colocarse o mono de faena,e si en un principio parecía inclinado a favor de Mario,rematou gañando Fernando no terceiro set.
-O partido de xogador local Iñaki fronte a Andrés inclinouse a favor do de Bertamirans pese aos esforzos do noso compañeiro en buscarlle o punto débil do revés que non chegou a atopar.
-De semifraticida pódese titular o partido que enfrentou a Mesejo contra Sampedro-éste foi xogador no Negreira en outros tempos.O claro resultado a favor do local quedaba patente na cara de satisfaccion que amosaba o noso compañeir ao final do partido.
-O partido de Carlos foi sen nenguha dúbida favorable a él en todo momento,non poñendo en perigo a súa victoria Ramon Otero xogador do Bertamráns.
-Os emparellamentos nos dobles de Carlos-Mesejo, Chito-Iñaki enfrentados a Ramón-Andres e Fernando-Victor, fixeron fáciles as victorias pola sincronización e acoplamento que mostraron ao longo de todo o partido os nosos xogadores.

2 comentarios:

  1. HAY XOGADORES QUE NON ESTAN O NIVEL QUE SE ESPERABA DELES, E SEN EMBARGO ESTAN XOGANDO DE TITULARES. ESTE PONCIO QUE SE DEIXE DE TANTO PELOTILLEO E QUE DE CAÑA A QUEN TEÑA QUE DARLLA

    ResponderEliminar
  2. OS QUE ME COÑECEDES,SABEDES PERFECTAMENTE QUE A MIÑA LIÑA PERIODÍSTICA É BASTANTE MÁIS AGRESIVA DA QUE PRESENTEI NESTA CRÓNICA.A COINCIDENCIA DA PRESIDENCIA CA COORDINACIÓN DO BLOG FAI QUE MOITAS COUSAS SE VEXAN SUAVIZADAS E VASELINIZADAS PARA QUE O CLUBE NON TAMBALEE.DE TODOLOS XEITOS QUEDA ABERTA A BRECHA E ESPERO QUE OS ALUDIDOS SAIAN A PALESTRA.TODOS SABEMOS O QUE HAI.

    ResponderEliminar