lunes, 4 de noviembre de 2013

Primeira xornada equipos cadetes 02/11/2013

O pasado sábado 2 de novembro comezou o Campeonato Galego por Equipos Cadete.

O noso equipo comezou con bo pé. Ata Chantada foron Noel, Dani, Fran e Brais onde lograron unha axustada victoria gracias a un gran partido de dobres de man de Noel e Dani que gañaron por un claro 6-3/6-1. A pesar do mal tempo, Dani (2) e Fran (3) conseguiron sacar a diante os seus partidos. Non poden decir o mesmo Noel (1) e Brais (4) que non acadaron a victoria. Sen dúbida, cabe destacar a gran remontada de Fran, que iba perdendo 5-1 e 40-0 ao resto no derradeiro 3º set.

Noraboa aos gañadores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario