lunes, 13 de octubre de 2014

Victoria do equipo +35 contra o Casino Coruña

O equipo A de Veteranos +35 do Tenis Negreira conseguiu acadar a victoria no encontro que tivo lugar este Domingo contra o Casino Coruña. O resultado foi un axustado 4-3.

O capitán, Carlos Suárez gañou un duro partido no super tie brak. Juan Nogueira e Ramón Otero gañaron 6-2 6-0 e  6-1 6-1 respectivamente. No caso de Mesejo (STB) e Suso Tato, non conseguiron obter a victoria xa que os seus rivais foron realmente complicados.

Todo quedaba para os dobres con unha leve vantaxe para o Tenis Negreira por 3-2, polo que o dobre de Carlos S. e Ramón O. (6-4 6-4) aportou o punto definitivo para gañar a confrontación.

No caso do equipo B, non conseguiu obter  a victoria nesta ocasión.

 Noraboa!