Mostrando entradas con la etiqueta Concello de Negreira. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Concello de Negreira. Mostrar todas las entradas

miércoles, 11 de enero de 2012

1ª Gala do Deporte de Negreira 2012

11/01/12. Quedou constituido o tribunal que designará os premiados nos cinco apartados da primeira Gala do Deporte de Negreira, promovida pola Delegación de Cultura e Deportes e maila emisora municipal Radio Negreira, a celebrarse o vindeiro día 3 de febreiro (venres), ás nove da noite, no Auditorio do Centro Sociocultural.
O tribunal calificador está composto polos técnicos municipais de Deportes, Álvaro Lira e Marcos Pérez, quenes farán as veces de secretario do tribunal, así como representantes dos sete clubes deportivos de Negreira: Julián Ferreiro, adestrador da Sociedade Deportiva Negreira, quen exercerá de presidente do tribunal por selo clube de maior antigüedade; Francisco Lens Esperante, presidente do Clube Ciclista Negreira; Luis Antonio Zarco Casabiell, do Negreira Veteranos; Juan Berrayarza, do Clube de Kárate O Coto; Jesús Mariño, do Clube de Tenis Negreira; José Manuel Cantorna, da Escola de Kárate Akai-Ryu, e Nacho Tuñas, do Clube Deportivo A Crema de fútbol sala, ademáis de Emilio Forján, director de Radio Negreira, e Manuel Hombre Porto, concelleiro de Xuventude e Deportes, que será o único que non teña voto.
Cada clube proporá un candidato ou máis da propia entidade a través do seu representante, acompañado dun breve currículo deportivo. As propostas deberán entregarse na Delegación de Cultura e Deportes, antes do día 24 de xaneiro, cando terá lugar a segunda xuntanza do tribunal calificador.
Poderán participar como candidatos, todos aqueles deportistas en activos, ou equipos e clubes legalmente constituidos do concello de Negreira, así como deportistas ou persoas vencelladas ó deporte, en activo ou non, cuxa traxectoria deportiva sexa digna de mención especial, e tamén as entidades ou persoas que colaborasen con deportistas ou clubes de Negreira.
Apartados premios:
- Mellor deportista do 2011
- Mellor deportista promesa do 2011
- Mellor clube do 2011
- Mellor traxectoria deportiva
- Mellor apoio ó deporte coma patrocinador, colaborador e medios de comunicación.