lunes, 9 de diciembre de 2024

CEA DE NADAL 2024

Un ano máis o club de tenis Negreira convida a todos os seus socios e acompañantes á celebración da tradicional cea de nadal, próximo día 14 restaurante Mezquita de Negreira.

Seguro que gozaremos dunha gran noite de reencontros con música en directo e concurso de karaoke





VETERANOS +55

O pasado sábado o noso equipo de veteranos +55 impoñíase claramente ao equipo do USC Santiago polo resultado de 5-1. Con este partido damos por finalizada a tempada co obxectivo cumprido de seguir permanecendo no máis alto do tenis de veteranos de Galicia.

Vitorias nos partidos de individuais para os nosos xogadores: Carlos Suárez, Carlos Damas e Jesús Mariño.

Vitorias tamén nos partidos de dobres para as nosas parellas formadas por: Carlos Suárez/Carlos Damas e Euguenio Carreira/Jesús Mariño


sábado, 30 de noviembre de 2024

VETERANOS +55

Club de Tenis Sanxenxo 3 - Club Tenis Negreira 3

Gran vitoria do noso equipo de veteranos +55 na visita ao club de tenis Sanxenxo, outro paso máis de cara a permanencia para a seguinte tempada na máxima categoría do tenis de veteranos. Cunha vitoria nos partidos individuais e grazas o valor dos puntos das dúas vitorias nos partidos de dobres quedaba resolto este igualadisimo enfrontamento para o noso equipo.

Victoria nos enfrotamentos individuais para o noso xogador Jesús Mariño e nos dobres para as nosas parellas formadas por Carlos Suarez/ Fernando Losada e Alfredo Atrio/ Jesús Mariño

Merecida celebracion post-partido dun gran equipo nun local da zona

Xa só queda un último partido para conseguir o obxectivo da permanencia. Día 07/12/24 C. T. Negreira - USC Santiago

VAMOS EQUIPO







domingo, 17 de noviembre de 2024

VETERANOS +55

 

USC Santigo 3 - Club Tenis Negreira 3

Un valioso empate o logrado esta fin de semana de cara a permanencia do equipo de veteranos +55 na máxima categoría do tenis veterano de Galicia.

Victorias en partidos individuais para Juan Mesejo e Alfredo Atrio e o empate final conseguiuno a nosa parella de dobres formada por Alfredo Atrio e Jesús Mariño





martes, 4 de junio de 2024

FESTA DO SOCIO 2024





Fantástica xornada a vivida o pasado sábado no refuxio de covas con motivo da festa do socio e fin de tempada do club tenis Negreira. Gran ambiente festeiro que predominou durante todo o día. Grazas a todos os socios e simpatizantes que nos quixeron acompañar neste día de festa, grazas tamén o grupo tiralle do aire pola sua actuación musical e a pulperia Rois por esa gran comida. Pena de moitos socios que non poideron acompañarnos por coincidirlle con outros eventos, esperamolos na siguiente.

A partir xa traballamos para no próximo ano 2025 poder celebrar o 35 aniversario do club de tenis Negreira