lunes, 7 de diciembre de 2015

Cea de Nadal do CTN

Estimados socios,

Finalmente, e debido a que moitas persoas xa teñen outras ceas e compromisos en Decembro, decidiuse facer a tradicional cea de Nadal, a primeira fin de semana despois de Reis.

Informarase da ubicación e hora de xeito anticipado. Previsiblemente a cea será de balde para os socios do clube.

domingo, 8 de noviembre de 2015

Permanencia do Tenis Negreira na élite da categoría Veteranos +35

Un ano máis, o Clube de Tenis Negreira, asegura a permanencia na categoría "División de Honra", a máis alta na categoría de +35.

Nesta ocasión o equipo de Negreira desprazouse ata o S. C. Casino de A Coruña donde obtivo xa a victoria nos partidos de individuais.

Noraboa equipo!




lunes, 19 de octubre de 2015

Victoria de Negreira no encontro contra o RSD Hípica (Vet. +35)

O equipo A de veteranos +35 do Clube de Tenis Negreira, desprazouse o pasado Sábado día 17 ata A Coruña onde se desputou o entontro correspondente o campionato galego por equipos +35 contra a RSD Hípica. Despois dúns duros enfrontamentos, o Tenis Negreira conseguiu obter a victoria por un axustado 4-3.

Noraboa.

Mais fotos


viernes, 9 de octubre de 2015

Nova aplicación de reserva - Pádel e Tenis

Xa se pode reservar a pista de pádel por Internet! Pra facelo, tan so tendes que acceder a web de sempre (reserva.tenisnegreira.com) e insertar o voso DNI. A pista de pádel reservase de media en media hora e cun máximo de unha hora e media.

Gracias a aplicación de reserva da pista de pádel, espérase que a xente poida desfrutar e aproveitar o máximo posible a nova instalación deportiva de pádel.

Acceso a aplicación

lunes, 5 de octubre de 2015

Partido de Veteranos +35 contra o Clube de campo de Ferrol

Este domingo o Tenis Negreira desprazouse ó Clube de campo de Ferrol para desputar un encontro do campionato Galego de Veteranos +35 por equipos. Despois duns insteresantes partidos e trala lesión de Jesús Becerra non foi posible acadar a victoria.

Xogadores (esquerda-dereita): Mesejo, Pablo Nimo, Suso Becerra, Juanma, Suso Tato.

Vamos Negreira!




martes, 11 de agosto de 2015

Torneo verán 2015

O vindeiro día 21 de Agosto dará comezo o tradicional torneo de verán do Tenis Negreira. A inscripción podrá facerse ata o día 20 ás 12:00 na seguinte ligazón:

INSCRIPCIÓN TORNEO



martes, 30 de junio de 2015

Confirmación de asistencia á cea da liga

O vindeiro venres día 3 de Xullo farase a entrega de trofeos xunto coa tradicional cea á que están convidados todos os participantes. Será no hotel-restaurante Millán, as 21:30.

É preciso que os participantes que vaian a asistir á cea, o confirmen no seguinte link ou poñendovos en contacto coa directiva do clube ou con Álvaro do Concello:

domingo, 28 de junio de 2015

Cea da liga de tenis e entrega de trofos 2015

O vindeiro venres día 3 de Xullo farase a entrega de trofeos xunto coa tradicional cea á que están convidados todos os participantes. Será no hotel-restaurante Millán, as 21:30.

Os gañadores desta edición son:

Primeira división:

1. Suso Tato
2. Juan J. Mesejo
3. Jesus Mariño

Segunda división:

1. Daniel Guzmán
2. José Esparís
3. Abel Villar

Terceira división:

1. Dery Guidamonde
2. Jose Labandeira
3. David Villasenín

Esperámosvos.

viernes, 26 de junio de 2015

Promocións de liga e finais de dobres

Xa se xogou o cadro no que se cruzan as terceiras divisións e temos os resultados. Están no seguinte link:

https://goo.gl/wqFnv9

O domingo 28 pola mañá, sobre as 10:30 darán comezo as 4 promocións. Téndelas neste enlace:

https://goo.gl/yc5XFr

Por outro lado, están publicados os cadros de dobres:

- Cadro principal de dobres

- Cadro de consolación de dobres

Sorte ós xogadores. Non faltedes!!!

domingo, 21 de junio de 2015

Peche da liga de individuais - Promocións 2015

Pechouse a anotación de mais resultados da liga 2015.

No seguinte link podedes ver o cadro no que se cruzan as duas 3as divisións para decidir o 1º, 2º, 3º e 4º posto. Xogaranse o martes, xoves e venres:

https://goo.gl/wqFnv9 

Por outro lado, aquí aparecen os partidos de promoción que se xogarán o fin de semana do 27-28:

https://goo.gl/yc5XFr

Podedes ver a clasificación definitiva en:

http://goo.gl/8qifyo

Sorte!

sábado, 13 de junio de 2015

Finalización da liga de tenis 2015

En principio a cea e entrega de premios da liga será o vindeiro día 3 de XULLO (un venres).

O día 20 ás 23:00 pecharase a liga de simples, polo que xa non se poderán insertar mais resultados. As clasificacións quedarán como estén nese momento, ainda que haxa partidos sen xogar.

En dobres o mesmo, pero pecharase o día 25 ás 23:00.

A partir do día 20 xogarase por un lado, o cruce do grupo A e B da terceira división para obser o 1º, 2º, 3º e 4º clasificado da terceira división. Tamén se xogarán as PROMOCIÓNS entre 1ª-2ª, 2ª-3ª.

A partir do día 25 xogarase o cadro final de DOBRES no que se decidirán os campións, subcampións e terceiros clasificados de dobres tanto do cadro principal como do cadro de consolación.

Un saúdo e sorte.


lunes, 1 de junio de 2015

Calendario de Xuño 2015 da liga de tenis + recuperación partidos

Informámosvos de que está publicada a orde de partidos de Xuño. Recordade que a data límite para a desputa de todos os partidos é a seguinte:

1. Competición de individuais: 20/XUÑO
2. Competición de dobres: 25/XUÑO

Ascenso a 1ª división - Tenis Negreira B

O domingo 31 ás 10 xogouse en Negreira o partido que decidía o ascenso a primeira división do equipo B no campionato galego por equipos absolutos. Despois dúns intensos e duros controntamentos, Negreira impuxoche por un axustado 4-3 contra o equipo ASOC.DTIVA T&P SOUTOMAIOR.

Alineación local:

1. Daniel Guzmán (G)
2. Juan Nogueira (G)
3. J. M. Lorenzo (G)
4. Juan Liñares (P)
5. Abel Villar (P)

Dobres 1. Dani e Nogueira (G)
Dobres 2. Jose e Abel (P)

Noraboa o equipo. Para o ano, mais e mellor, xa en primeira división.

martes, 19 de mayo de 2015

Eliminatoria Cto. Galego Equipos Abs. (equipo B) - Universidade de Vigo

O equipo B gañou este fin de semana o seu partido de 8º de final contra o Universidade de Vigo por un 5-2. Polo tanto o equipo B de Negreira pasa a cuartos de final do campionato galego.

Noraboa ós gañadores: Ángel Pérez, Abel Villar, Daniel Guzmán e Jose M. Lorenzo!


domingo, 3 de mayo de 2015

Publicación calendario maio - liga individuais e dobres

Publicouse o calendario de Mario 2015 da liga de individuais e dobres. Os partidos de dobres están marcados en cor azul.

Este mes temos menos encontros e moitos ocos de pista dispoñibles para RECUPERAR partidos atrasados... Se alguén non da xogado un partido porque o rival llo apraza durante varios días, que avise e a organización e esta dará unha data inamovible para xogalo.

Calendario: http://goo.gl/kPJQj9

Sorte!

martes, 28 de abril de 2015

Aplicación de resultados da liga de dobres 2015

Acaba de publicarse o listado de parellas da liga de dobres 2015. Fixeronse 2 grupos, o grupo 1 con 7 parellas e o grupo 2 con 6.

Acceso a aplicación

Unha vez rematada a fase de liga, os 3 primeiros clasificados pasarán a xogar un cadro por eliminatorias denominado "cadro A". O resto de clasificados, pasarán a un cadro de consolación denominado "cadro B" no que tamén se xogará por eliminatorias.

Constará de dúas fases, a primeira fase na que se sortean dous grupos (7 e 6 parellas respectivamente), será fase de liga todos contra todos, a segunda fase xa eliminatoria na que os tres primeiros clasificados de cada grupo xogaran polo campeonato cruzándose cos do outro grupo do seguinte xeito: 2º do grupo A contra 3º do grupo B e o gañador xoga co 1º do grupo B e 2º de grupo B contra 3º do grupo A e o gañador xoga co 1º de grupo A e posteriormente a final entre os gañadores.

Os clasificados no 4, 5, 6 e 7 do grupo A e 4, 5 e 6  do grupo B, xogaran pola final de consolación do seguinte xeito: (1). 4ª do grupo A pasa a seguinte ronda, (2) 5º de grupo A contra 6º do grupo B, (3) 6º do grupo A contra 5º do grupo B e (4) 7º do grupo A contra 4º do grupo B, en semifinais  1-3 / 2-4 e os campións xogan a final.

domingo, 19 de abril de 2015

Liga de dobres 2015

Comeza a liga de dobres que rematará xunto coa de individuais... Prazo para apuntarse ata o xoves 23 de Abril ás 22H.

Inscripcións en: http://goo.gl/forms/hR1bF3gD57


lunes, 13 de abril de 2015

Resultados dos equipos B e C - Absolutos por equipos

Como xa sabedes, está fin de semana celebrouse a festa conmemorativa do 25 aniversario do Clube de Tenis Negreira. Despois desta "recarga de pilas" o domingo os equipos B e C xogaron os seus correspondentes encontros do campionato galego por equipos.

O equipo B, que se desprazou ata o Clube Liceo Casino de Pontevedra, gañou xa nos individuais por 4-1. Victorias de Isidoro Martínez, Dani Guzmán, José Esparís e Abel Villar. Partidazo de J. M. Lorenzo que estivo a piques de consegúir tamén a victoria.

O equipo C, que xogou o domingo pola tarde contra o Aeroclub Santiago, gañou tamén por 5-2. Victorias de Fredi, Noel Mariño, Mario García e os dous dobres (Mario G- Mario Lopez e Becerra-Victor Suárez).

Noraboa equipos!



viernes, 10 de abril de 2015

Ranking da RFET a 31/12/2014

Acaba de publicarse o novo ranking actualizado da Federación Española de Tenis. Podedes consultalo na seguinte URL:

http://tatenis.es/club/club-de-tenis-negreira/785

domingo, 5 de abril de 2015

Publicados horarios de Abril da liga

Acaban de publicarse os horarios das próximas 4 semanas da liga de tenis 2015.

https://drive.google.com/file/d/0B4DdD0lozGYfQUdScmJOanYxTGc/view?usp=sharing

domingo, 29 de marzo de 2015

Resultados do 29/03/2015. Equipos absolutos. Equipos A e C.

Hoxe os equipos C e A tiveron xornada do Cto. Galego por equipos 2015. O equipo B descansou.

No caso do equipo C, xogaron en Santiago nas pistas do USC. Esta vez non se puido obter a victoria. Xogaron Jesús Becerra, Javier Valledor, Alfredo Átrio, Victor Suárez e Mario López.

O equipo A xogou na casa contra o Grupo Bazán ganando por un axustado 4-3. Gañou Carlos Suárez, Ramón Otero, Mesejo e o dobre 2.

Confirmar asistencia á comida

O sábado 11 de Abril celebrarase a comida do 25 aniversario do Clube de Tenis Negreira. Esta celebración terá lugar na Área de Recreo de Covas ás 14:00.

É esencial CONFIRMAR ASISTENCIA, tanto os socios como os non socios. Entregarase un AGASALLO a todos os socios asistentes 🎁.

Coste socios: 0€
Coste resto de asistentes: 25€

⚠ Confirmar antes deste xoves!!! Importante...

lunes, 23 de marzo de 2015

Equipo B - Victoria ante o CT Valga o 22/03/2015

O equipo B do Tenis Negreira estreouse onte contra o Tenis Valga, gañando o equipo nicrariense por 6 a 1.

Gañaron os seus partidos: Isidoro Martínez, Daniel Guzmán, Ángel Pérez, José Esparís e Suso Tato. Gañouse tamén o dobre 1 formado por Isidoro e Dani.

Noraboa equipo!


Equipo C - Victoria ante a AD Val da Maía o 21/03/2015

Victoria do equipo C ante o Val da Mahía por 5 a 2 na primeira xornada do Cto. Galego por equipos Absolutos.

Victorias de Fredi, Pablo Nimo, Noel e Victor. Gañouse tamén o dobres formado por Victor e Fredi por 62 e 6-4.

Noraboa!


viernes, 20 de marzo de 2015

Pago da inscripción da liga + bolas Babolat

Pedimos a todos os xogadores da liga de tenis municipal 2015 que acudan canto antes ó departamento de deportes do Concello de Negreira a pagar a cota de inscripción e a recoller ás pelotas.

Equipo A - Club de Tenis Coruña 20/03/2015

Hoxe o Tenis Negreira desprazouse á Coruña para xogar o seu primeiro partido contra o Tenis Coruña. Finalmente non se conseguiu obter a victoria despois de perder por 4-1 nos singles. Esperamos que a próxima xornada caia do lado de Negreira. Noraboa a Carlos Suárez pola súa victoria.


lunes, 16 de marzo de 2015

Comida do 25 aniversario do Clube de Tenis Negreira

O vindeiro día 11 de Abril do 2015 celebrarase unha comida para conmemorar o 25 aniversario de historia do Clube de Tenis Negreira.

Esta celebración terá lugar o Sábado 11 na Área de Recreo de Covas ás 14:00.

É esencial CONFIRMAR ASISTENCIA, tanto os socios como os non socios. Entregarase un agasallo a todos os socios asistentes.

Prezo:
  • Socios: 0€
  • Non socios: 25€
Confirmar asistencia:

lunes, 9 de marzo de 2015

Publicado calendario de Marzo 2015

Acaba de publicarse o calendario da liga correspondente o mes de  Marzo 2015 completo.

sábado, 7 de marzo de 2015

Liga 2015 - Calendario, bases e inicio da competición

Empeza a competición. A liga de tenis 2015 da inicio o luns día 9 de Marzo.

Na barra da dereita tendes:
  • Acceso a aplicación para consultar os cadros, teléfonos de xogadores e rexistar resultados.
  • Novas bases da competición 2015 (moitas novidades).
  • Acceso a carpeta de calendarios.
---

Segundo o punto 4 das bases, os xogadores que desexen solicitar un reto, poderán facelo antes do inicio dos partidos. Os xogadores que subiron de xeito extraordinario nesta edición son Javier Iglesias, Jesús Tato, Ángel Pérez, Abel Villar, Roi González e Patricie Viadel. Recordade que podedes retalos para ocupar o seu lugar.

Novidades sobre a liga 2015

Informámosvos de que a liga dará comezo o próximo lúns día 9, xogandose os primeiros partidos da liga ás 19:30 horas. A continuación aclarar algúns aspectos:

1. O calendario definitivo, publicarase nesta web o día 7 (sábado) estade atentos. Ademais nesta edición publicarase un calendario mensual.

2. Xa están colgados os xogadores na aplicación de resultados... http://competicion.tenisnegreira.com. Os que queiran ir xogando fora do calendario, poden facelo.

3. A partir de agora teremos 3 divisións (1ª, 2ª e 3ª). A terceira terá varios grupos en función da xente dispoñible (este ano A e B). Os mellores dos grupos de 3ª cruzaranse para obter o campión e subcampión de 3ª división.

4. Este ano tenemos promoción de ascenso e descenso para os 3os e 4os clasificados. Publicaranse as bases definitivas nos próximos días.

5. As pistas estarán reservadas na aplicación de reserva en cor "azul claro". Os que apracen partidos deberán ELIMINAR A RESERVA. A cancelación funciona con CALQUERA DNI rexistrado no sistema. POR FAVOR, SE NON IDES A XOGAR, CANCELADE AS RESERVAS, e que non queden as pistas valeiras por non facelo.

6. Xa se poden consultar os teléfonos dos xogadores da liga a través do icono do teléfono. É necesario insertar o DNI para acceder a dito dato.






lunes, 2 de marzo de 2015

CLUB TENIS NEGREIRA 3 - REAL CLUB NAUTICO DE VIGO 4

Derrota pola mínima ante o Club Nautico de Vigo, un partido que apunto estivemos de deixar resolto ao noso favor nos partidos individuais, acabou complicándose nos partidos de dobres.

A vitoria daba o pase para meterse nas semifinais do campionato galego de veteranos, partido que está previsto para o vindeiro domingo e no que o gañador do partido de hoxe terá que verse as caras co Club Tenis Coruña, a priori o equipo mais forte de Galicia nesta categoría.

Os nosos obxectivos están máis que cumpridos, acabamos a liga entre os 6 mellores equipos de Galicia na categoría de Veteranos e continuamos unha tempada máis na división de honor.

Os puntos para o club de Negreira conseguíronos:

  • En individuais: Carlos Suarez, Jesús Mariño e Ramón Otero, pena do noso nº 2 Juanma Martínez que logo dun bo primeiro set acabo perdendo o partido no super tie break de desempate por 10 a 12.
  • Con algunhas baixas importantes nos dobres, as nosas dúas parellas Carlos Suarez/Juanma Martínez e Juan Mesejo/Mario López tampouco foron capaces de conseguir o punto que nos daba a vitoria.

Con este partido rematamos a competición de veteranos e o próximo 15 de marzo da comenzo a competición por equipos absolutos.


lunes, 23 de febrero de 2015

Crónica CTN - Domingo 23/02/2015 - Veteranos +45

O partido que tiñamos aprazado contra CLUB TENIS CORUÑA correspondente á 3ª xornada de liga segue sen xogarse, non houbo acordo entre os capitáns de ambos equipos para disputarse neste fin de semana, agora tócalle á Federación Galega de Tenis tomar cartas no asunto e decidir sobre o resultado deste partido.

De todos os xeitos sexa cal sexa o resultado deste partido non vai deixar ao noso club fóra dos 3 primeiros postos da clasificación, o obxectivo para o CLUB TENIS NEGREIRA esta conseguido, que é o de continuar outra tempada máis competindo entre os mellores de clubs de Galicia.

Os equipos clasificados nos 3 primeiros postos de cada grupo loitarán polo campionato galego de veteranos e os 3 últimos por conservar a categoría.

Os equipos clasificados en segundo e terceiro lugar de cada grupo crúzanse entre si e o gañador de cada un dos partidos xogará as semifinais contra o primeiro clasificado de cada grupo en busca da final do campionato galego.

No noso caso o rival ben seguro será un destes dous equipos CLUB TENIS PORRIÑO, ou REAL CLUB NAUTICO VIGO, a falta de confirmación por parte da federación é moi posible que o partido se dispute o próximo fin de semana.



miércoles, 18 de febrero de 2015

Inicio da liga de tenis de individuais Negreira 2015

Está previsto que na semana do 2 de Marzo de comezo a liga de tenis de Negreira na sua edición 2015.  Nos próximos días o concello publicará o cartel da liga, as bases e o prezo da inscripción, que se espera que sexa de 20€ como en anos anteriores.

Para inscribirse, poñerse en contacto co departamento de deportes do concello de Negreira ou co Clube de Tenis Negreira.

Departamento de deportes:
981 885 886 
culturadeportes@concellodenegreira.es

Clube de Tenis Negreira:
info@tenisnegreira.com

lunes, 16 de febrero de 2015

Victoria anto o Real Aero Club de Santiago - Galego Vet. +45 eq.

Nova vitoria do Club Tenis Negreira na súa visita ás pistas do Real Aero Club Santiago. Vitoria cómoda na que o equipo de Negreira deixou o encontro resolto nos partidos  individuais tras impoñerse por un claro 4 a 1 ao equipo compostelano. Formidable o estado das pista de terra batida nas cales se disputáron os partidos. Os puntos da vitoria para o noso equipo nos partidos individuais conseguíronos: Carlos Suárez, Juanma Martinez, Juan Mesejo e Jesús Mariño. Victoria tamén no partido de dobres que foi para os nosos xogadores Juan Mesejo e Jesús Mariño.

Próximo partido Club Tenis Negreira - Club Tenis Coruña.



lunes, 9 de febrero de 2015

Club de Tenis Redes 4 – Club Tenis Negreira 3 (Vet. +45)

1ª derrota na liga do Club Tenis Negreira (veteranos + 45) na súa visita ao Club Tenis Redes, unha derrota previsible debido algunha importante baixa coa que contaba o noso club no día de hoxe, a eso hai que sumar o difícil que se fai xogar nas pistas do club do concello de Ares, unhas pistas de cemento puído ás que custa moito adaptarse. Gozamos dun día asoleado pero o vento racheado que soprou durante toda a mañá tampouco axudaba nada para xogar ao tenis.

O obxectivo conseguiuse, que non era outro máis que intentar non perder por moita diferenza da cara a posibles empates a puntos entre equipos ao final da liga.

Os tres puntos que sumou o noso equipo conseguíronos: Carlos Suárez no seu partido de individuais E as dúas vitorias que conseguimos nos partidos de dobres nos que formamos parella Juan Mesejo /Jesús Mariño e Carlos Suárez /Janma Martinez.

Próximo partido domingo día 16 contra o Real Aero Club Santiago,  no que estrearemos as novas instalacions en Ames do equipo compostelano.


jueves, 29 de enero de 2015

25 Aniversario


Con motivo do seu 25 aniversario o Club Tenis Negreira inagura este venres 30 de xaneiro no hall de entrada da casa da cultura e coincidindo coa 4ª gala do deporte, unha exposición dedicada a eses 25 anos de historia do club 
Esperámosvos a todos 

lunes, 26 de enero de 2015

Victoria del Tenis Negreira por 6-1 contra el RSD Hípica de A Coruña (Veteranos +45)

Boa xornada a de onte contra a RSD Hípica de A Coruña na que o Clube de Tenis Negreira gañou por 6-1. Este encontro forma parte do campionato galego +45 na división de honra. Victorias dos xogadores Carlos Suárez, Juan M. Martínez, Mesejo, Chito e Ramón. 

Noraboa a todo o equipo.

lunes, 19 de enero de 2015

Cto. Galego Veteranos +45 - Squash Santiago

Onte desputouse o primeiro encontro do campionato galego de veteranos +45 por equipos 2015.

Dar a noraboa ó equipo xa que conseguiron a victoria despois de gañar os 5 partidos individuais. Victorias de Carlos Suárez, Juan M. Martínez, J. Mesejo, Jesús Mariño (Chito) e Mario López.

Destacar tamén que Juan M. Martínez estreouse no Clube de Tenis Negreira con victoria ante Juan Rama. Benvido.