Gran colofón a unha semana desfrutando do mellor coa disputa do III Open “Vila de Negreira”
O sábado xogouse a final +35, coa vitoria de Iván Tarrío (Club tenis Os Tilos) e o subcampionato para Pablo Acción (Club tenis Lalín).
Na categoria cadete, o gañador foi Ian Rodríguez que se impuso por 6-4 / 6-3 a Yerai Quián ( Club Tenis Coruña).
Na categoría absoluta feminina, a xogadora do Club de Campo (Vigo), Laura Prieto, superou na final a Marta Rey (Club Tenis Ureca), por un claro 6-1/6-3.
Finalmente, na gran final absoluta masculina, o gañadoir foi Tomas Currás, do Club Ureca, o que logrou superar a Roberto Rodríguez, do club de Campo Vigo, por 7-5/6-1, que viña de gañar nunha dura semifinal ao cabeza de serie número 1, o campión absoluto de Asturias, Samuel de Felipe.
No acto de entrega de trofeos participaron a primeira tenente de alcalde e concelleira de Servizos Sociais, Muller e Igualdade, María del Mar García Vidal; o concelleiro de Deportes e Xuventude, Iván Guardado Porto; a concelleira de Cultura, Flora Grille Novío, así como Alfredo Atrio, representando ó Club de Tenis Negreira, coorganizador do torneo.
Dende o Concello de Negreira queremos agradecer o esforzo de todxs @s participantes, sobre todo no relativo á adversa meteoroloxía, así como o traballo de árbitros, técnicos o do director do torneo Simón Fariñas-Ferro
No 2021 agardamos máis e mellor!!