domingo, 19 de junio de 2022

Fiesta 30 aniversario

Fantástica xornada de celebración a vivida onte con motivo do 30 aniversario do Club de tenis Negreira

Xornada de reencontro con socios, amigos e familiares para gozar dunha fantástica comida na área recreativa de Covas.

Agradecer ás autoridades municipais a súa presenza e a súa colaboración para que este acto poidera levarse a cabo, grazas aos concelleiros do partido popular pola súa presenza, directivos de Veteranos Negreira pola súa emotiva compañia e por ese agasallo conmemorativo. E como non, grazas a todos os que colaborastes e traballaron para poder gozar deste día.

Pulperia Rois

Grupo Tiralle do Aire

Álvaro Lira

Mil grazas

 

 

 

 


miércoles, 1 de junio de 2022

Aniversario 30+2



Como moitos de vós sabedes no ano 2020 o Clube Tenis Negreira cumpria 30 de existencia, a  idea era celebralo en ese ano pero por motivos que todos coñecemos  fixose imposible, por fin vamos recuperado a normalidade e chegou o momento de poder celebrarlo. Dende o Clube de tenis Negreira queremos convidar a todos os socios e as suas parellas a unha comida que terá lugar na área recreativa do refuxio de Covas o día 18 de xuño a partires das 14:00 h. teremos festa rachada con pulpeiro, cantina e música en directo co grupo Tiralle do Aire, esperamos contar con todos vós. Para todos aqueles que teñades nenos tamén os podedes traer, están convidados.
Calquer persoa que queira asistir a comida ainda que non esté relacionada con clube de tenis pode facelo, previo pago de 35€ chamando a calquera dos seguintes números de teléfono, 609873493, 626868334, 630196934