Un ano máis o club de tenis Negreira convida a todos os seus socios e acompañantes á celebración da tradicional cea de nadal, próximo día 14 restaurante Mezquita de Negreira.
Seguro que gozaremos dunha gran noite de reencontros con música en directo e concurso de karaokelunes, 9 de diciembre de 2024
VETERANOS +55
O pasado sábado o noso equipo de veteranos +55 impoñíase claramente ao equipo do USC Santiago polo resultado de 5-1. Con este partido damos por finalizada a tempada co obxectivo cumprido de seguir permanecendo no máis alto do tenis de veteranos de Galicia.
Vitorias nos partidos de individuais para os nosos xogadores: Carlos Suárez, Carlos Damas e Jesús Mariño.
sábado, 30 de noviembre de 2024
VETERANOS +55
Club de Tenis Sanxenxo 3 - Club Tenis Negreira 3
Gran vitoria do noso equipo de veteranos +55 na visita ao club de tenis Sanxenxo, outro paso máis de cara a permanencia para a seguinte tempada na máxima categoría do tenis de veteranos. Cunha vitoria nos partidos individuais e grazas o valor dos puntos das dúas vitorias nos partidos de dobres quedaba resolto este igualadisimo enfrontamento para o noso equipo.
Victoria nos enfrotamentos individuais para o noso xogador Jesús Mariño e nos dobres para as nosas parellas formadas por Carlos Suarez/ Fernando Losada e Alfredo Atrio/ Jesús Mariño
Merecida celebracion post-partido dun gran equipo nun local da zona
Xa só queda un último partido para conseguir o obxectivo da permanencia. Día 07/12/24 C. T. Negreira - USC Santiagodomingo, 17 de noviembre de 2024
VETERANOS +55
USC Santigo 3 - Club Tenis Negreira 3
Un valioso empate o logrado esta fin de semana de cara a permanencia do equipo de veteranos +55 na máxima categoría do tenis veterano de Galicia.
Victorias en partidos individuais para Juan Mesejo e Alfredo Atrio e o empate final conseguiuno a nosa parella de dobres formada por Alfredo Atrio e Jesús Mariño
martes, 4 de junio de 2024
FESTA DO SOCIO 2024
Fantástica xornada a vivida o pasado sábado no refuxio de covas con motivo da festa do socio e fin de tempada do club tenis Negreira. Gran ambiente festeiro que predominou durante todo o día. Grazas a todos os socios e simpatizantes que nos quixeron acompañar neste día de festa, grazas tamén o grupo tiralle do aire pola sua actuación musical e a pulperia Rois por esa gran comida. Pena de moitos socios que non poideron acompañarnos por coincidirlle con outros eventos, esperamolos na siguiente.
A partir xa traballamos para no próximo ano 2025 poder celebrar o 35 aniversario do club de tenis Negreira
lunes, 27 de mayo de 2024
Veteranos +45
Despois das 2 últimas vitorias ante o Universitario de Santiago (4-2) e a vitoria de onte ante o Real Club Náutico Vigo (3-4) conseguimos manternos na máxima categoría por décimo quinto ano consecutivo.
Vitorias Abelardo Soler (7-6,7-6), Ramón Otero 6-2,6-1 e Carlos Suárez 7-6, 3-6, 10-8 e derrotas de Simón e Fredy que fixeron un gran traballo de
equipo perdendo con os seus 2 mellores xogadores
Co resultado de 3-3 nos partidos individuais e o punto logrado por Carlos e Ramón en dobre 1, certificouse a permanencia na máxima categoría do tenis veterano de Galicia.
Parabéns para todo o equipo!!!!
viernes, 3 de mayo de 2024
FESTA DO SOCIO
domingo, 25 de febrero de 2024
Benxamín
Gran vitoria do noso equipo benxamín onte como visitante na Estrada por 2 a 1.
domingo, 4 de febrero de 2024
Benxamín
Primeiro enfrontamento do equipo benxamín do club de tenis de Negreira ante o CCD Sanxenxo. Unha gran mañá de aprendizaxe nas instalacións de Pedra mamoa.
Parabéns a todos e a seguir aprendendo
domingo, 14 de enero de 2024
Absoluto
Inicio inmellorable para o equipo absoluto do Club Tenis Negreira no campeonato galego por equipos. Vitoria ante o CCD Sanxenxo e debut de Ian Rodríguez, que nos vai dar moitas alegrías.
Parabéns equipo