miércoles, 27 de noviembre de 2013

Resultados Veteranos +35

Este fin de semán o equipo a perdeu pola mínima contra o USC. O resultado foi 4-3. Cabe destacar, que ainda así, o equipo de Negreira xa está clasificado como primerio de grupo.

En canto o equipo B, non tivo sorte contra o equipo Grupo Bazán.

O equipo de cadetes, tivo unha xornada de descanso. 

lunes, 18 de noviembre de 2013

Boas novas no campeonato galego de veteranos por equipos. Primeiros de grupo.

Onte o equipo A asegurouse matemáticamente o 1º posto do seu grupo logo da victoria conseguida contra Chantada por 5-0 onde os gañadores foron Carlos, Mesejo, Nogueira, Carames e Javier, tamén estaba preparado Mario López para os dobres por se era necesario pero non chegaron a xogarse logo do resultado obtido en simples.

O Equipo B aprazou o seu partido deste fin de semana para o día 30 de novembro.

O equipo cadete colleitou unha nova victoria esta vez con Bazan por 3-2, Noel Lopez, Daniel Guzman, e Fran conseguiron vencer os seus oponentes e ainda que Brais tamén o intentou non puido co contrario, como  tampouco Dani e Noel puderon gañar o doble.

Noraboa!

martes, 12 de noviembre de 2013

Squash Santiago - Negreira A, Veteranos +35 por equipos

O pasado Domingo, día 10 de Novembro, o equipo A de veteranos +35 de Negreira, enfrentouse o equipo do Squash Santiago. O equipo A a sufriu a primeira derrota da tempada en veteranos. O resultado foi 3-4.

Destacar as victorias de Juan Nogueira e Javier Valledor e o dobres formado por Valledor e Mesejo. Non puideron obter a victoria Carames, Mario L. e Pablo Nimo.

Como sempre, destacar que Javier Valledor, gañou tanto o seu partido de dobres como o de invividuais. Este xogador está imparable.

Felicitar tamén ós amigos do Squash Santiago que fixeron un gran partido.

2ª xornada - Ctro. Galego por Equipos Cadetes

Os nosos xogadores foron o pasado domingo ao Club Tenis Coruña a enfrontarse contra o que, a priori, é o equipo a batir do seu grupo. A victoria non foi acadada polos nosos xogadores.

Brais (6-0/6-0) e Fran (6-2/6-2) non tiveron posibilidade nos seus partidos contra rivales claramente superiores. Dani Guzmán a piques estivo de remontar o partido perdendo no segundo set por un 7-5. A única victoria que o noso equipo conseguiu foi a do noso nº 1, Noel López cun resultado de 6-1/6-2.

No dobles disputado, a pesar da súa irrelevancia, Noel e Dani chegaron a un kafkiano súpertiebreak que perderon por 10-0.

Noraboa a Noel e ánimo ao resto, que de seguro loitaran no resto de encontros por clasificar ao equipo para a fase final.

lunes, 4 de noviembre de 2013

Xornada 2-3 de novembro de 2013 - Equipos Veteranos

O equipo A do Tenis Negreira, volveu a gañar o seu encontro contra o equipo de Padrón. Ata o de agora, o Negreira A conta os seus partidos por victorias, xa que ata o de agora, gañou todos os encontros.

Neste caso, os partidos desputáronse nas pistas de Pedra Mámoa, e o equipo local gañou por un contundente 5-0. Destacar especialmente o espectacular partido de Javier Valledor. Noraboa tamén a Carlos, Mesejo Mario L. e Caramés polas suas victorias.

O equipo B que xogou en Ferrol, nesta ocasión non puido obter a victoria.


Primeira xornada equipos cadetes 02/11/2013

O pasado sábado 2 de novembro comezou o Campeonato Galego por Equipos Cadete.

O noso equipo comezou con bo pé. Ata Chantada foron Noel, Dani, Fran e Brais onde lograron unha axustada victoria gracias a un gran partido de dobres de man de Noel e Dani que gañaron por un claro 6-3/6-1. A pesar do mal tempo, Dani (2) e Fran (3) conseguiron sacar a diante os seus partidos. Non poden decir o mesmo Noel (1) e Brais (4) que non acadaron a victoria. Sen dúbida, cabe destacar a gran remontada de Fran, que iba perdendo 5-1 e 40-0 ao resto no derradeiro 3º set.

Noraboa aos gañadores.