lunes, 14 de octubre de 2013

O equipo A de +35 gaña contra o USC por 5-2 (13/10/2013)

Este domingo desputouse o encontro entre o equipo A de veteranos +35 de Negreira e o da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Despois de duros enfrontamentos, o equipo do Clube de Tenis Negreira conseguiu impoñerse por un 5-2.

Juan Nogueira, que xogou de nº 1, gañou o seu partido contra Diego Concheiro por 6-4 6-3. Celestino Caramés, nº 2, gañou por 6-3  6-7 (6) 10-5. José Mario López, que xogou de 3, gañou por un 6-2 6-2 despois de un longo partido. E Mario García Pais, gañou o seu partido por 6-0 6-2, xogando de 5º. Non puido obter a victoria Pablo Nimo.

En dobres, obtiveron a victoria Juan José Mesejo e Javier Valledor (6-3 6-1). Como é ben habitual, Valledor sorprendeunos co seu servicio ó reves.

Noraboa.


domingo, 13 de octubre de 2013

Encontro do Negreira B de Veteranos +35 contra o Pedralba

O equipo B do Clube de Tenis Negreira, xogou o Sábado contra o equipo de Pedralba. Este encontro do galego por equipos de +35, desputouse nas pistas de Pedra Mamoa. A pesar dos bos partidos feitos polos xogadores de Negreira, non se puido obter a victoria.

Xogaron Jesús Becerra, Toño Mariño, Victor Suárez, Ángel Pérez e Alfredo Átrio.


miércoles, 9 de octubre de 2013

Victoria do Negreira A contra o equipo de Veteranos de Chantada

Importate victoria do equipo A de Veteranos +35 de Negreira. O equipo nicrariense impuxose por un axustado 4-3.

O gran triunfador da xornada foi Mario López, que gañou tanto o seu partido de invividuais e o de dobres. Destacar tamén as victorias de Javier Valledor e Pablo Nimo. Tamén a do dobres formado por Caramés e Mario.

Cabe destacar, que o gran capitán, Carlos Suárez, non puido exercer como tal xa que se atopaba en Portugal xogando un importante torneo. Nesta xornada, Mesejo, tomou as rendas do equipo. As rendas, ben, o partido, non tanto. :-)

Noraboa!




Boas sensación contra o Marineda. Veteranos +35, equipo B.

Non foi posible obter a victoria contra o C.T. Marineda da Coruña, que se impouxo por 5-2. Ainda así, o equipo de Negreira ten claras posibilidades no partido de volta.

Noraboa a Toño e a J.C. Liñares que gañaron os seus partidos.

domingo, 6 de octubre de 2013

Galego de Veteranos Squash-Negreira 26/09/2013

O pasado día 25 de setembro, o equipo A de Negreira enfrentouse ao Squash Santiago nas instalacións cubertas deste último. Despois duns encontros moi traballados, finalmente o equipo de Negreira obtivo a victoria por un 5-2.

Victorias de Javier Valledor e Carlos Suarez en individuais. Tamén ganaron os seus partidos Nogueira e Mesejo a pesar de haberen perdido ámbolos dous os primeiros sets. Mario, non consegiu a victoria.