Un ano máis o club de tenis Negreira convida a todos os seus socios e acompañantes á celebración da tradicional cea de nadal, próximo día 14 restaurante Mezquita de Negreira.
Seguro que gozaremos dunha gran noite de reencontros con música en directo e concurso de karaokelunes, 9 de diciembre de 2024
VETERANOS +55
O pasado sábado o noso equipo de veteranos +55 impoñíase claramente ao equipo do USC Santiago polo resultado de 5-1. Con este partido damos por finalizada a tempada co obxectivo cumprido de seguir permanecendo no máis alto do tenis de veteranos de Galicia.
Vitorias nos partidos de individuais para os nosos xogadores: Carlos Suárez, Carlos Damas e Jesús Mariño.
sábado, 30 de noviembre de 2024
VETERANOS +55
Club de Tenis Sanxenxo 3 - Club Tenis Negreira 3
Gran vitoria do noso equipo de veteranos +55 na visita ao club de tenis Sanxenxo, outro paso máis de cara a permanencia para a seguinte tempada na máxima categoría do tenis de veteranos. Cunha vitoria nos partidos individuais e grazas o valor dos puntos das dúas vitorias nos partidos de dobres quedaba resolto este igualadisimo enfrontamento para o noso equipo.
Victoria nos enfrotamentos individuais para o noso xogador Jesús Mariño e nos dobres para as nosas parellas formadas por Carlos Suarez/ Fernando Losada e Alfredo Atrio/ Jesús Mariño
Merecida celebracion post-partido dun gran equipo nun local da zona
Xa só queda un último partido para conseguir o obxectivo da permanencia. Día 07/12/24 C. T. Negreira - USC Santiagodomingo, 17 de noviembre de 2024
VETERANOS +55
USC Santigo 3 - Club Tenis Negreira 3
Un valioso empate o logrado esta fin de semana de cara a permanencia do equipo de veteranos +55 na máxima categoría do tenis veterano de Galicia.
Victorias en partidos individuais para Juan Mesejo e Alfredo Atrio e o empate final conseguiuno a nosa parella de dobres formada por Alfredo Atrio e Jesús Mariño
martes, 4 de junio de 2024
FESTA DO SOCIO 2024
Fantástica xornada a vivida o pasado sábado no refuxio de covas con motivo da festa do socio e fin de tempada do club tenis Negreira. Gran ambiente festeiro que predominou durante todo o día. Grazas a todos os socios e simpatizantes que nos quixeron acompañar neste día de festa, grazas tamén o grupo tiralle do aire pola sua actuación musical e a pulperia Rois por esa gran comida. Pena de moitos socios que non poideron acompañarnos por coincidirlle con outros eventos, esperamolos na siguiente.
A partir xa traballamos para no próximo ano 2025 poder celebrar o 35 aniversario do club de tenis Negreira
lunes, 27 de mayo de 2024
Veteranos +45
Despois das 2 últimas vitorias ante o Universitario de Santiago (4-2) e a vitoria de onte ante o Real Club Náutico Vigo (3-4) conseguimos manternos na máxima categoría por décimo quinto ano consecutivo.
Vitorias Abelardo Soler (7-6,7-6), Ramón Otero 6-2,6-1 e Carlos Suárez 7-6, 3-6, 10-8 e derrotas de Simón e Fredy que fixeron un gran traballo de
equipo perdendo con os seus 2 mellores xogadores
Co resultado de 3-3 nos partidos individuais e o punto logrado por Carlos e Ramón en dobre 1, certificouse a permanencia na máxima categoría do tenis veterano de Galicia.
Parabéns para todo o equipo!!!!
viernes, 3 de mayo de 2024
FESTA DO SOCIO
domingo, 25 de febrero de 2024
Benxamín
Gran vitoria do noso equipo benxamín onte como visitante na Estrada por 2 a 1.
domingo, 4 de febrero de 2024
Benxamín
Primeiro enfrontamento do equipo benxamín do club de tenis de Negreira ante o CCD Sanxenxo. Unha gran mañá de aprendizaxe nas instalacións de Pedra mamoa.
Parabéns a todos e a seguir aprendendo
domingo, 14 de enero de 2024
Absoluto
Inicio inmellorable para o equipo absoluto do Club Tenis Negreira no campeonato galego por equipos. Vitoria ante o CCD Sanxenxo e debut de Ian Rodríguez, que nos vai dar moitas alegrías.
Parabéns equipo
sábado, 25 de noviembre de 2023
Primeira experiencia competitiva duns alumnos da escola de tenis de Negreira na primeira proba do III circuíto Escola de Tenis ULLA OIL, que se desenvolve nas instalacións deportivas do Real Aeroclub de Santiago. Parabéns e a seguir aprendendo
domingo, 29 de octubre de 2023
Veteranos + 35
Bo día para o equipo +35 do club de tenis Negreira na súa visita ao Real Aeroclub de Santiago, onde vencemos por 0-7 nunha mañá de reencontros.
Parabéns equipo.
domingo, 21 de mayo de 2023
Pasamos unha tarde de domingo fenomenal nas pistas de tenis de Negreira coa visita dos xogadores do club de Ames Val da Mahia. Moitos xogos, diversión e aprendizaxe. Obxectivo Cumprido
sábado, 13 de mayo de 2023
Veteranos +45
Gran xornada de sábado para o club Tenis Negreira que acada a permanencia na máxima división da categoría +45 do tenis galego. Despois dunha tempada chea de baixas e baixas de xogadores tivemos que conformarnos con manter a categoría ante un gran equipo como é o Tenis Redondela. Hoxe só lamento a lesión de Suso durante o partido de dobres.
Parabéns equipo
domingo, 26 de febrero de 2023
Veteranos+45
Importante vitoria do Club Tenis Negreira na súa visita ante o Club Tenis Canabal, vitoria que nos achega á permanencia un ano máis na máxima categoría do campionato galego +45.
Victorias en individuais dos nosos xogadores Simón Fariñas, Ramón Otero e Jesús Mariño. Con 2 a 3 remataron os partidos individuais a favor do noso equipo
Os dous partidos de dobres tamén foron para o noso equipo, dous importantes puntos de Simón Fariñas/Ramón Otero e Javier Alfonsin/Jesús Mariño.
Resultado final Canabal Tenis Club 2, Negreira Tenis Club 5, máis un punto extra por gañar os dous partidos de dobres
viernes, 23 de diciembre de 2022
FELICES FESTAS
Dende o Club de Tenis Negreira desexamos a todos os seus socios e amigos unhas felices festas e un próspero ano novo. Queremos agradecer a todas aquelas persoas que un ano máis co seu traballo fan posible que este clube siga existindo.
Grazas
lunes, 19 de diciembre de 2022
Veteranos +35
Gran fin de semana para o Club Tenis Negreira. O equipo de veteranos +35 conseguía onte domingo proclamarse campión galego por equipos 2ª categoría na súa visita a Salceda de Caselas, lugar onde se disputo a gran final. Parabéns a todo o equipo e moitas grazas polo compromiso individual de cada xogador á hora de xogar os partidos, leste é un triunfo colectivo dun gran equipo, moito mérito ten os xogadores que na final sacaron adiante os seus partidos, pero, igual de mérito teñen todos aqueles que se ofreceron para xogar e nesta ocasión quedaron fóra. A TODOS PARABÉNS
AUPA NEGREIRA !!
domingo, 11 de diciembre de 2022
Veteranos +55
Tras clasificarnos na primeira fase, onte empezamos a fase final do Capto. Galego tenis veteranos, con vitoria ante o Mercantil de Pontevedra por 4-0, co que o Club Tenis Negreira clasifícase para semifinais e continua un ano máis entre os 4 mellores equipos de Galicia.
domingo, 13 de noviembre de 2022
VETERANOS +55
4ª jornada Liga Gallega +55 Div. Honor
C.T. Negreira 3 - C.T.Redes 3
sábado, 12 de noviembre de 2022
Veteranos +55
C.T.Negreira 5 - C.T.Coruña 1. Importante Victoria en el Capto Gallego Veteranos, ante un T.Coruña que se presento con varias bajas.
Próximo sábado ante el CT Redes nos jugaremos el acceso a la fase final











.jpg)




















