Por: J. Antonio Mariño
Moitos moitos nervios a primeira hora do domingo no debut do Tenis Negreira B, o cal se reflexa nos resultados: 1- 4!! a favor do Tenis Culleredo.
Empezou Manuel dándonos unha alegría gañando o primeiro set (6-4), pero tomouse un respiro no segundo, e perdeu por (2-6). O desenlace do partido foi unha vitoria – a única da mañá- moi axustada no super tie-break (11-9).
Roberto Quintáns empregouse a fondo, pero o rival non llo puxo nada fácil e perdeu por (1-6/3-6), aínda que o resultado non reflicte o bo xogo de Roberto.
Fredy comezou o seu partido co brazo moi encollido, perdendo o primeiro set (0-6). No segundo set, xa moito máis relaxado, amosounos mellor tenis, complicándolle o xogo ao seu rival. Pero non puido ser... (3-6).
A Víctor tocoulle estrearse co xogador máis en forma do Tenis Culleredo! Perdeu por (1-6/0-6), pero sabemos que a vitoria non tardará en chegar. Ánimo Víctor!!
A parella formada por Secundino e Roberto García que xogou o partido en dobres, acusou no resultado (0/6-0/6) o feito de ser a primeira vez que xogaban xuntos. Bueno, e algún que outro inconvinte máis...
Próximo rival: Club Tenis A Estrada o 6 de Abril. A POR ELES!
O equipo de Tenis Negreira (A) tamén perdía o seu partido na casa de Tenis Pontevedra, un equipo moi superior o de Negreira e cunhas claras aspiracións de subir a 1ª categoría, mentres que as do noso club son as da permanencia, cousa que non vai ser fácil.
Próximo rival: Punta Sarela (Pobra do Caramiñal) o 6 de Abril. A POR ELES!