lunes, 9 de febrero de 2015

Club de Tenis Redes 4 – Club Tenis Negreira 3 (Vet. +45)

1ª derrota na liga do Club Tenis Negreira (veteranos + 45) na súa visita ao Club Tenis Redes, unha derrota previsible debido algunha importante baixa coa que contaba o noso club no día de hoxe, a eso hai que sumar o difícil que se fai xogar nas pistas do club do concello de Ares, unhas pistas de cemento puído ás que custa moito adaptarse. Gozamos dun día asoleado pero o vento racheado que soprou durante toda a mañá tampouco axudaba nada para xogar ao tenis.

O obxectivo conseguiuse, que non era outro máis que intentar non perder por moita diferenza da cara a posibles empates a puntos entre equipos ao final da liga.

Os tres puntos que sumou o noso equipo conseguíronos: Carlos Suárez no seu partido de individuais E as dúas vitorias que conseguimos nos partidos de dobres nos que formamos parella Juan Mesejo /Jesús Mariño e Carlos Suárez /Janma Martinez.

Próximo partido domingo día 16 contra o Real Aero Club Santiago,  no que estrearemos as novas instalacions en Ames do equipo compostelano.


jueves, 29 de enero de 2015

25 Aniversario


Con motivo do seu 25 aniversario o Club Tenis Negreira inagura este venres 30 de xaneiro no hall de entrada da casa da cultura e coincidindo coa 4ª gala do deporte, unha exposición dedicada a eses 25 anos de historia do club 
Esperámosvos a todos 

lunes, 26 de enero de 2015

Victoria del Tenis Negreira por 6-1 contra el RSD Hípica de A Coruña (Veteranos +45)

Boa xornada a de onte contra a RSD Hípica de A Coruña na que o Clube de Tenis Negreira gañou por 6-1. Este encontro forma parte do campionato galego +45 na división de honra. Victorias dos xogadores Carlos Suárez, Juan M. Martínez, Mesejo, Chito e Ramón. 

Noraboa a todo o equipo.

lunes, 19 de enero de 2015

Cto. Galego Veteranos +45 - Squash Santiago

Onte desputouse o primeiro encontro do campionato galego de veteranos +45 por equipos 2015.

Dar a noraboa ó equipo xa que conseguiron a victoria despois de gañar os 5 partidos individuais. Victorias de Carlos Suárez, Juan M. Martínez, J. Mesejo, Jesús Mariño (Chito) e Mario López.

Destacar tamén que Juan M. Martínez estreouse no Clube de Tenis Negreira con victoria ante Juan Rama. Benvido.


lunes, 15 de diciembre de 2014

Comida de Nadal 2014 CTN

O vindeiro Domingo 21 de decembro, os socios do Clube de Tenis Negreira, celebraremos a tradicional comida de Nadal. Será no Rte. Mezquita (Negreira) ás 14:15 horas. O prezo para os socios será de 10€.

Para conmemorar o 25 aniversario do clube, farase unha foto conxunta nas pista o domingo pola mañá. Sería interesante que todos os que poidesen, se pasasen polas pistas sobre as 12:00.

Bo Nadal!

---

Recordade que xa podedes facer o pago da licencia de tenis correspondente ó ano 2015.