lunes, 21 de marzo de 2022

Veteranos +45

 

Cara e cruz para os nosos equipos esta fin de semana. Mentres o equipo veteranos +45 sucumbiu ante a Tobeira de Vigo, o equipo absoluto deu conta do recreo cultural na súa visita á estrada.
Parabéns a todos polo esforzo e a seguir disfrutando

lunes, 7 de marzo de 2022

Alevín Femenino


As nosas rapazas do equipo alevín do club de tenis Negreira visitaron as instalacións do Sporting club casino da Coruña nunha nova xornada do campionato galego por equipos.


Grazas a Javier polo trato e polo bo ambiente.

Seguimos mellorando.

domingo, 6 de marzo de 2022

Veteranos +45

 

Suma e segue do Club Tenis Negreira
Cuarta xornada do Cap. Galego de Veteranos, Div. de honra Grupo sur, cunha nova vitoria por 4-3 nesta ocasión ante o durísimo equipo Pontevedres de C. T. Sotomaior.
Vitorias de Ramón Otero ante Alex Martínez 6-3, 6-4, de Carlos Suárez ante Julio Vidal 6-1, 6-4 e de Javier Alfonsin ante José Piñeiro no súper
Con 3-2 a favor, Ramón e Carlos gañaron o punto final 7-5 e 6-4 no dobre

A falta dun encontro para o final, o Club Tenis Negreira mantense como líder invicto do grupo, a un paso das semifinais


Parabéns a todo o equipo

domingo, 6 de febrero de 2022

Alevín femenino


Fantástica xornada no Real club de tenis Coruña do equipo alevín femenino do club de tenis Negreira. Hoxe debutaron no CTO gallego por equipos.
Moi bo ambiente e aprendendo a competir.
Seguimos mellorando.

Veteranos +45


Gran resultado para o equipo +45 do club de tenis Negreira que venceu o equipo da USC na máxima categoría da competición autonómica. Con 4-2 arriba estamos na primera posición do noso grupo.

Parabéns equipo