domingo, 26 de febrero de 2023

Veteranos+45

Importante vitoria do Club Tenis Negreira na súa visita ante o Club Tenis Canabal, vitoria que nos achega á permanencia un ano máis na máxima categoría do campionato galego +45.

Victorias en individuais dos nosos xogadores Simón Fariñas, Ramón Otero e Jesús Mariño. Con 2 a 3 remataron os partidos individuais a favor do noso equipo

Os dous partidos de dobres tamén foron para o noso equipo, dous importantes puntos de Simón Fariñas/Ramón Otero e Javier Alfonsin/Jesús Mariño.

Resultado final Canabal Tenis Club 2, Negreira Tenis Club 5, máis un punto extra por gañar os dous partidos de dobres







viernes, 23 de diciembre de 2022

FELICES FESTAS



Dende o Club de Tenis Negreira desexamos a todos os seus socios e amigos unhas felices festas e un próspero ano novo. Queremos agradecer a todas aquelas persoas que un ano máis co seu traballo fan posible que este clube siga existindo.

Grazas

lunes, 19 de diciembre de 2022

Veteranos +35

Gran fin de semana para o Club Tenis Negreira. O equipo de veteranos +35 conseguía onte domingo proclamarse campión galego por equipos 2ª categoría na súa visita a Salceda de Caselas, lugar onde se disputo a gran final. Parabéns a todo o equipo e moitas grazas polo compromiso individual de cada xogador á hora de xogar os partidos, leste é un triunfo colectivo dun gran equipo, moito mérito ten os xogadores que na final sacaron adiante os seus partidos, pero, igual de mérito teñen todos aqueles que se ofreceron para xogar e nesta ocasión quedaron fóra. A TODOS PARABÉNS

AUPA NEGREIRA !!


domingo, 11 de diciembre de 2022

Veteranos +55

Tras clasificarnos na primeira fase, onte empezamos a fase final do Capto. Galego tenis veteranos, con vitoria ante o Mercantil de Pontevedra por 4-0, co que o Club Tenis Negreira clasifícase para semifinais e continua un ano máis entre os 4 mellores equipos de Galicia.

Vitorias en individuais de Carlos Suarez, Suso Becerra, Juan Mesejo e Jesús Mariño Aupa Negreira !!!






domingo, 13 de noviembre de 2022

VETERANOS +55

4ª jornada Liga Gallega +55 Div. Honor

C.T. Negreira 3 - C.T.Redes 3

Seguimos invictos, gañando o enfrontamento particular por 1set. (7sets a6)
Vitorias de Chito e Mesejo en individuais e nun dobre de mérito de ambos ante uns históricos Fantova-Deus por 6-2,6-2 Os Carlos perdemos nun día aciago. Carlos Damas ante Jorge Pablos, actual campión galego 55, tras ter un 5-2 a favor e Carlos Suarez, ante Susi , 13-11no 3º set. tras ter unha bóla de partido. Día moi malo para xogar tenis con moita choiva e pistas en moi mal estado