lunes, 31 de marzo de 2008

Crónica de la Jornada. Abso.

Por: J. Antonio Mariño
Moitos moitos nervios a primeira hora do domingo no debut do Tenis Negreira B, o cal se reflexa nos resultados: 1- 4!! a favor do Tenis Culleredo.
Empezou Manuel dándonos unha alegría gañando o primeiro set (6-4), pero tomouse un respiro no segundo, e perdeu por (2-6). O desenlace do partido foi unha vitoria – a única da mañá- moi axustada no super tie-break (11-9).
Roberto Quintáns empregouse a fondo, pero o rival non llo puxo nada fácil e perdeu por (1-6/3-6), aínda que o resultado non reflicte o bo xogo de Roberto.
Fredy comezou o seu partido co brazo moi encollido, perdendo o primeiro set (0-6). No segundo set, xa moito máis relaxado, amosounos mellor tenis, complicándolle o xogo ao seu rival. Pero non puido ser... (3-6).
A Víctor tocoulle estrearse co xogador máis en forma do Tenis Culleredo! Perdeu por (1-6/0-6), pero sabemos que a vitoria non tardará en chegar. Ánimo Víctor!!
A parella formada por Secundino e Roberto García que xogou o partido en dobres, acusou no resultado (0/6-0/6) o feito de ser a primeira vez que xogaban xuntos. Bueno, e algún que outro inconvinte máis...
Próximo rival: Club Tenis A Estrada o 6 de Abril. A POR ELES!
O equipo de Tenis Negreira (A) tamén perdía o seu partido na casa de Tenis Pontevedra, un equipo moi superior o de Negreira e cunhas claras aspiracións de subir a 1ª categoría, mentres que as do noso club son as da permanencia, cousa que non vai ser fácil.
Próximo rival: Punta Sarela (Pobra do Caramiñal) o 6 de Abril. A POR ELES!

4 comentarios:

  1. Coidado que no peloteo de dobres xa dixo Secundino que os rivais estaban “acojonados” - perdón que non tiñan nada que facer... xa que as súas dereitas foron demoledoras, o que pasa é que no partino non tivo oportunidade de sacalas.

    ResponderEliminar
  2. a vista do resultado vese que o equipo de negreira estaba con moitos nervios e o equipo contrario moi solto, pero de seguro que para os próximos partidos e vendo a calidade que atesouran os xogadores do tenis negreira porán os contrarios no seu lugar

    ResponderEliminar
  3. Creo que el equipo de Tenis Negreira (B) tiene un buen equipo solo le falta que se lo crean y convencerse que pueden ser capaces de ganar a cualquiera de sus rivales.
    Una vez que sean capaces de superar esos nervios que todos pasamos a la hora de competir, pienso que formaran un gran equipo. ¡¡ANIMO!!

    ResponderEliminar
  4. SODES UN GRAN EQUIPO,CREEDEO E DISFRUTADE SEN VIRSE ABAIXO.FIXADEVOS NA TV EN NADAL E CIA E TRATADE DE SUPERALOS.SOBRE TODO NON VOS DEIXEDES INFLUIR POLAS CRÍTICAS E CACHONDEOS DOS OCULTOS INTOCABLES.EU XA OS PADECÍN E AGORA SON MENTALMENTE MOITO MÁIS FORTE,TÉCNICAMENTE MELLORABLE E NA PISTA FELIZ E CO BRAZO LIBERADO.NON É DIFÍCIL,A SOLTARSE E DISFRUTAR QUE É COMO SE PASA BEN.ÁNIMO¡¡¡¡¡

    ResponderEliminar