lunes, 22 de julio de 2013

Inicio da Liga de Dobres 2013

Hoxe da comezo oficialmente a Liga de Dobres do Clube de Tenis Negreira. A partir de agora, pódense empezar a xogar os partidos. Recordade que deberedes xogar, dentro do voso grupo, todos contra todos.

GRUPOS E PARELLAS:


GRUPO 1:
J. NOGUEIRA – MARIO GARCIA
BRAIS NEGREIRA - NOEL MARIÑO
NOEL LOPEZ - FRAN
JAVIER – VICTOR
VICTOR GARCIA - GUSTAVO SENDE
JUAN J. CAO – JOSE M. LORENZO

GRUPO 2:
DAVID – IÑAKI
ALBERTO BAÑA – JESUS GUZMAN
JOSE L. NOAL - PABLO NIMO
DANIEL MOURE – MIGUEL DOMINGUEZ
MESEJO – ISIDORO
JOSE ESPARIS – ANGEL PEREZ

GRUPO 3
DANIEL GUZMAN - MANOLO
J. F. MESEJO - ANGEL FABEIRO
ALFREDO ATRIO – J. BECERRA
J. C. LIÑARES – J. JOSE VAZQUEZ
MARIO LOPEZ – OSCAR
ALVARO – ESTEVEZ

NORMAS:
  1. Deberanse xogar tódolos partidos da fase de liga antes do 31 de agosto. Aquelas parellas que non completen tódolos seus partidos antes de dita data, quedarán eliminados e os seus resultados non serán tidos en conta.
  2. Na fase de liga, cada parella deberá de planificar todos os seus partidos, poñéndose en contacto cos demais participantes do seu grupo e reservando a pista na aplicación de reservas. 
  3. No caso de que duas parellas non se poñan dacordo na data de celebración do encontro, unha das parellas deberá de poñerse en contacto coa organización, que establecerá o día e hora de disputa do partido.
  4. Recoméndase xogar un mínimo de 1 partido por semana.
  5. Na fase de final e de consolación, as datas dos partidos serán establecidas pola organización.
  6. Os partidos disputaranse ó mellor de tres sets. Tanto o primeiro, segundo e terceiro set (en caso de chegar a el) serán set normais con tie-break de desempate en todos eles.
  7. Os resultados anotaranse o mesmo día do encontro na aplicación de xestión de ligas do Club de Tenis Negreira (http://competicion.tenisnegreira.com)
  8. Os primeiros e segundos clasificados de cada grupo pasarán directamente o cadro principal. Os terceiros clasificados, cruzaranse para descartar a un deles e os outros dous pasarán o cadro principal.
  9. Os cuartos e quintos clasificados de cada grupo pasarán directamente o cadro de consolación. Os sextos clasificados, cruzaranse para descartar a un deles e os outros dous pasarán o cadro de consolación.
  10. O resto de normas, rexeranse polas establecidas pola ITF e a RFET.
  11. A ORGANIZACIÓN PODERÁ MODIFICAR ALGUNHA DAS NORMAS POLO BO FUNCIONAMENTO DA LIGA.


2 comentarios:

  1. ¿Cómo van a ser los cruces? ¿Sorteo puro, los tres primeros con dos los terceros y el peor segundo, o cómo?

    ResponderEliminar
  2. En principio hay cruces predefinidos. Se colgarán en breve en la web. Saludos.

    ResponderEliminar