martes, 17 de septiembre de 2013

Campionato Galego de Veteranos 2013

Moi boa a actuación dos xogadores do Club de Tenis Negreira que participaron no campionato galego de tenis veterano 2013 celebrado nas instalacións do Squash en Milladoiro entre os días 6 o 15 de Setembro.

A parella formada por Víctor Suárez e Jesús Mariño (Chito), conseguiron proclamarse campións galegos de dobres na categoría  de +35 anos, derrotando na final á parella, tamén de Negreira, formada por Mario García e Javier Valledor, que conseguiron un meritorio 2º posto tras meterse na final de devandita categoría deixando fora en semifinais á parella de xogadores do club de tenis Sanxenxo.

Na categoría de dobres máis +45 anos Carlos Suárez e Juan Mesejo caeron na final ante a parella de Betanzos que defendía o titulo conseguido na edición do 2012.

Xa para rematar, Carlos Suárez defendía o titulo de campión galego individual +45,  bo torneo fixo o noso compañeiro Carlos, aínda que nesta edición perdía na final e non conseguiu revalidar o título co que se fixo nas dúas últimas edicións.

ESTOS SON OS RESULTADOS DOS NOSOS XOGADORES NO CAMPIONATO GALEGO DE TENIS VETERANO 2013:

DOBRES +35 VICTOR SUAREZ / JESÚS MARIÑO, Campións Galegos

DOBRES +35 MARIO GARCIA / JAVIER VALLEDOR, Subcampeóns Galegos

DOBRES +45 CARLOS SUAREZ/ JUAN MESEJO, Subcampeóns Galegos

INDIVIDUAL +45 CARLOS SUAREZ/ Subcampeón Galego





1 comentario: