lunes, 14 de octubre de 2013

O equipo A de +35 gaña contra o USC por 5-2 (13/10/2013)

Este domingo desputouse o encontro entre o equipo A de veteranos +35 de Negreira e o da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Despois de duros enfrontamentos, o equipo do Clube de Tenis Negreira conseguiu impoñerse por un 5-2.

Juan Nogueira, que xogou de nº 1, gañou o seu partido contra Diego Concheiro por 6-4 6-3. Celestino Caramés, nº 2, gañou por 6-3  6-7 (6) 10-5. José Mario López, que xogou de 3, gañou por un 6-2 6-2 despois de un longo partido. E Mario García Pais, gañou o seu partido por 6-0 6-2, xogando de 5º. Non puido obter a victoria Pablo Nimo.

En dobres, obtiveron a victoria Juan José Mesejo e Javier Valledor (6-3 6-1). Como é ben habitual, Valledor sorprendeunos co seu servicio ó reves.

Noraboa.


No hay comentarios:

Publicar un comentario