O pasado venres día 22 concluíu o primeiro torneo de pádel benéfico organizado polo Club Tenis Negreira, moi bo ambiente o que rodeou a este torneo tanto nos partidos como na festa organizada no refuxio de Covas para celebrar a entrega de trofeos, festa á cal asistiron o alcalde Jorge Tuñas e o concelleiro de deportes José Daniel Casal, xunto co presidente do Club de tenis Jesús Mariño foron os encargados de entregar os trofeos.
As campioas na categoría feminina foron Raquel Quintans e Antia Vázquez, na categoría mixta os campións foron Delia Valledor e Javier Valledor, mentres que na categoría masculina os campións foron Javier Alfonsín e Jesús Mariño (Chito). Para pechar o acto o presidente do club de tenis Jesús Mariño fixo entrega dun cheque simbólico pola cantidade de 560€ ao alcalde Jorge Tuñas, dita cantidade pertence á recaudación pola inscripción dos participantes, diñeiro que se doará ao departamento de asuntos sociais do concello de Negreira.
Moitas grazas a todos os participantes
No hay comentarios:
Publicar un comentario