lunes, 2 de marzo de 2015

CLUB TENIS NEGREIRA 3 - REAL CLUB NAUTICO DE VIGO 4

Derrota pola mínima ante o Club Nautico de Vigo, un partido que apunto estivemos de deixar resolto ao noso favor nos partidos individuais, acabou complicándose nos partidos de dobres.

A vitoria daba o pase para meterse nas semifinais do campionato galego de veteranos, partido que está previsto para o vindeiro domingo e no que o gañador do partido de hoxe terá que verse as caras co Club Tenis Coruña, a priori o equipo mais forte de Galicia nesta categoría.

Os nosos obxectivos están máis que cumpridos, acabamos a liga entre os 6 mellores equipos de Galicia na categoría de Veteranos e continuamos unha tempada máis na división de honor.

Os puntos para o club de Negreira conseguíronos:

  • En individuais: Carlos Suarez, Jesús Mariño e Ramón Otero, pena do noso nº 2 Juanma Martínez que logo dun bo primeiro set acabo perdendo o partido no super tie break de desempate por 10 a 12.
  • Con algunhas baixas importantes nos dobres, as nosas dúas parellas Carlos Suarez/Juanma Martínez e Juan Mesejo/Mario López tampouco foron capaces de conseguir o punto que nos daba a vitoria.

Con este partido rematamos a competición de veteranos e o próximo 15 de marzo da comenzo a competición por equipos absolutos.


lunes, 23 de febrero de 2015

Crónica CTN - Domingo 23/02/2015 - Veteranos +45

O partido que tiñamos aprazado contra CLUB TENIS CORUÑA correspondente á 3ª xornada de liga segue sen xogarse, non houbo acordo entre os capitáns de ambos equipos para disputarse neste fin de semana, agora tócalle á Federación Galega de Tenis tomar cartas no asunto e decidir sobre o resultado deste partido.

De todos os xeitos sexa cal sexa o resultado deste partido non vai deixar ao noso club fóra dos 3 primeiros postos da clasificación, o obxectivo para o CLUB TENIS NEGREIRA esta conseguido, que é o de continuar outra tempada máis competindo entre os mellores de clubs de Galicia.

Os equipos clasificados nos 3 primeiros postos de cada grupo loitarán polo campionato galego de veteranos e os 3 últimos por conservar a categoría.

Os equipos clasificados en segundo e terceiro lugar de cada grupo crúzanse entre si e o gañador de cada un dos partidos xogará as semifinais contra o primeiro clasificado de cada grupo en busca da final do campionato galego.

No noso caso o rival ben seguro será un destes dous equipos CLUB TENIS PORRIÑO, ou REAL CLUB NAUTICO VIGO, a falta de confirmación por parte da federación é moi posible que o partido se dispute o próximo fin de semana.



miércoles, 18 de febrero de 2015

Inicio da liga de tenis de individuais Negreira 2015

Está previsto que na semana do 2 de Marzo de comezo a liga de tenis de Negreira na sua edición 2015.  Nos próximos días o concello publicará o cartel da liga, as bases e o prezo da inscripción, que se espera que sexa de 20€ como en anos anteriores.

Para inscribirse, poñerse en contacto co departamento de deportes do concello de Negreira ou co Clube de Tenis Negreira.

Departamento de deportes:
981 885 886 
culturadeportes@concellodenegreira.es

Clube de Tenis Negreira:
info@tenisnegreira.com

lunes, 16 de febrero de 2015

Victoria anto o Real Aero Club de Santiago - Galego Vet. +45 eq.

Nova vitoria do Club Tenis Negreira na súa visita ás pistas do Real Aero Club Santiago. Vitoria cómoda na que o equipo de Negreira deixou o encontro resolto nos partidos  individuais tras impoñerse por un claro 4 a 1 ao equipo compostelano. Formidable o estado das pista de terra batida nas cales se disputáron os partidos. Os puntos da vitoria para o noso equipo nos partidos individuais conseguíronos: Carlos Suárez, Juanma Martinez, Juan Mesejo e Jesús Mariño. Victoria tamén no partido de dobres que foi para os nosos xogadores Juan Mesejo e Jesús Mariño.

Próximo partido Club Tenis Negreira - Club Tenis Coruña.