Informámosvos de que a liga dará comezo o próximo lúns día 9, xogandose os primeiros partidos da liga ás 19:30 horas. A continuación aclarar algúns aspectos:
1. O calendario definitivo, publicarase nesta web o día 7 (sábado) estade atentos. Ademais nesta edición publicarase un calendario mensual.
2. Xa están colgados os xogadores na aplicación de resultados... http://competicion.tenisnegreira.com. Os que queiran ir xogando fora do calendario, poden facelo.
3. A partir de agora teremos 3 divisións (1ª, 2ª e 3ª). A terceira terá varios grupos en función da xente dispoñible (este ano A e B). Os mellores dos grupos de 3ª cruzaranse para obter o campión e subcampión de 3ª división.
4. Este ano tenemos promoción de ascenso e descenso para os 3os e 4os clasificados. Publicaranse as bases definitivas nos próximos días.
5. As pistas estarán reservadas na aplicación de reserva en cor "azul claro". Os que apracen partidos deberán ELIMINAR A RESERVA. A cancelación funciona con CALQUERA DNI rexistrado no sistema. POR FAVOR, SE NON IDES A XOGAR, CANCELADE AS RESERVAS, e que non queden as pistas valeiras por non facelo.
6. Xa se poden consultar os teléfonos dos xogadores da liga a través do icono do teléfono. É necesario insertar o DNI para acceder a dito dato.
sábado, 7 de marzo de 2015
lunes, 2 de marzo de 2015
CLUB TENIS NEGREIRA 3 - REAL CLUB NAUTICO DE VIGO 4
Derrota pola mínima ante o Club Nautico de Vigo, un partido que apunto estivemos de deixar resolto ao noso favor nos partidos individuais, acabou complicándose nos partidos de dobres.
A vitoria daba o pase para meterse nas semifinais do campionato galego de veteranos, partido que está previsto para o vindeiro domingo e no que o gañador do partido de hoxe terá que verse as caras co Club Tenis Coruña, a priori o equipo mais forte de Galicia nesta categoría.
Os nosos obxectivos están máis que cumpridos, acabamos a liga entre os 6 mellores equipos de Galicia na categoría de Veteranos e continuamos unha tempada máis na división de honor.
Os puntos para o club de Negreira conseguíronos:
Con este partido rematamos a competición de veteranos e o próximo 15 de marzo da comenzo a competición por equipos absolutos.

- En individuais: Carlos Suarez, Jesús Mariño e Ramón Otero, pena do noso nº 2 Juanma Martínez que logo dun bo primeiro set acabo perdendo o partido no super tie break de desempate por 10 a 12.
- Con algunhas baixas importantes nos dobres, as nosas dúas parellas Carlos Suarez/Juanma Martínez e Juan Mesejo/Mario López tampouco foron capaces de conseguir o punto que nos daba a vitoria.
Con este partido rematamos a competición de veteranos e o próximo 15 de marzo da comenzo a competición por equipos absolutos.
miércoles, 25 de febrero de 2015
lunes, 23 de febrero de 2015
Crónica CTN - Domingo 23/02/2015 - Veteranos +45
O partido que tiñamos aprazado contra CLUB TENIS CORUÑA correspondente á 3ª xornada de liga segue sen xogarse, non houbo acordo entre os capitáns de ambos equipos para disputarse neste fin de semana, agora tócalle á Federación Galega de Tenis tomar cartas no asunto e decidir sobre o resultado deste partido.
De todos os xeitos sexa cal sexa o resultado deste partido non vai deixar ao noso club fóra dos 3 primeiros postos da clasificación, o obxectivo para o CLUB TENIS NEGREIRA esta conseguido, que é o de continuar outra tempada máis competindo entre os mellores de clubs de Galicia.
Os equipos clasificados nos 3 primeiros postos de cada grupo loitarán polo campionato galego de veteranos e os 3 últimos por conservar a categoría.
Os equipos clasificados en segundo e terceiro lugar de cada grupo crúzanse entre si e o gañador de cada un dos partidos xogará as semifinais contra o primeiro clasificado de cada grupo en busca da final do campionato galego.
No noso caso o rival ben seguro será un destes dous equipos CLUB TENIS PORRIÑO, ou REAL CLUB NAUTICO VIGO, a falta de confirmación por parte da federación é moi posible que o partido se dispute o próximo fin de semana.

miércoles, 18 de febrero de 2015
Inicio da liga de tenis de individuais Negreira 2015
Está previsto que na semana do 2 de Marzo de comezo a liga de tenis de Negreira na sua edición 2015. Nos próximos días o concello publicará o cartel da liga, as bases e o prezo da inscripción, que se espera que sexa de 20€ como en anos anteriores.
Para inscribirse, poñerse en contacto co departamento de deportes do concello de Negreira ou co Clube de Tenis Negreira.
Departamento de deportes:
981 885 886
culturadeportes@concellodenegreira.es
Clube de Tenis Negreira:
info@tenisnegreira.com
Suscribirse a:
Entradas (Atom)