lunes, 18 de noviembre de 2013

Boas novas no campeonato galego de veteranos por equipos. Primeiros de grupo.

Onte o equipo A asegurouse matemáticamente o 1º posto do seu grupo logo da victoria conseguida contra Chantada por 5-0 onde os gañadores foron Carlos, Mesejo, Nogueira, Carames e Javier, tamén estaba preparado Mario López para os dobres por se era necesario pero non chegaron a xogarse logo do resultado obtido en simples.

O Equipo B aprazou o seu partido deste fin de semana para o día 30 de novembro.

O equipo cadete colleitou unha nova victoria esta vez con Bazan por 3-2, Noel Lopez, Daniel Guzman, e Fran conseguiron vencer os seus oponentes e ainda que Brais tamén o intentou non puido co contrario, como  tampouco Dani e Noel puderon gañar o doble.

Noraboa!

No hay comentarios:

Publicar un comentario