martes, 12 de noviembre de 2013

2ª xornada - Ctro. Galego por Equipos Cadetes

Os nosos xogadores foron o pasado domingo ao Club Tenis Coruña a enfrontarse contra o que, a priori, é o equipo a batir do seu grupo. A victoria non foi acadada polos nosos xogadores.

Brais (6-0/6-0) e Fran (6-2/6-2) non tiveron posibilidade nos seus partidos contra rivales claramente superiores. Dani Guzmán a piques estivo de remontar o partido perdendo no segundo set por un 7-5. A única victoria que o noso equipo conseguiu foi a do noso nº 1, Noel López cun resultado de 6-1/6-2.

No dobles disputado, a pesar da súa irrelevancia, Noel e Dani chegaron a un kafkiano súpertiebreak que perderon por 10-0.

Noraboa a Noel e ánimo ao resto, que de seguro loitaran no resto de encontros por clasificar ao equipo para a fase final.

No hay comentarios:

Publicar un comentario