lunes, 24 de marzo de 2014

Cto. Galego Veteranos +45 23/03/2014

Onte, domingo 23 de Marzo, concluiu a tempada para o noso equipo de veteranos +45. Ainda que con moitas dificultades, o equipo conseguiu manterse un ano mais na máxima categoría da competición, logo de vencer ó clube de tenis A Pedralba por un axustado 4-3.

A victoria foi posible grazas ós puntos obtidos por Carlos Suárez, Juan J. Mesejo e os dobres formados por Carlos - Mario López e Chito - Mesejo. Nos outros tres partidos tanto Mario como Chito perderon nuns axustados super tai breaks e Jesús Becerra ainda que lle puxo as cousas difíciles ó seu opoñente, perdeu tamén por un axustado 6-4 6-4.

Noraboa a todo o equipo: Carlos, Chito, Mario, Jesús Becerra, Fredi, Pablo Nimo, Javier Valledor, Mesejo, Ferrín, Carballo, ...


No hay comentarios:

Publicar un comentario