Acceso a aplicación
Unha vez rematada a fase de liga, os 3 primeiros clasificados pasarán a xogar un cadro por eliminatorias denominado "cadro A". O resto de clasificados, pasarán a un cadro de consolación denominado "cadro B" no que tamén se xogará por eliminatorias.
Constará de dúas fases, a primeira fase na que se sortean
dous grupos (7 e 6 parellas respectivamente), será fase de liga todos
contra todos, a segunda fase xa eliminatoria na que os tres primeiros
clasificados de cada grupo xogaran polo campeonato cruzándose cos do outro
grupo do seguinte xeito: 2º do grupo A contra 3º do grupo B e o gañador xoga co
1º do grupo B e 2º de grupo B contra 3º do grupo A e o gañador xoga co 1º de
grupo A e posteriormente a final entre os gañadores.
Os clasificados no 4, 5, 6 e 7 do grupo A e 4, 5 e 6 do
grupo B, xogaran pola final de consolación do seguinte xeito: (1). 4ª do grupo
A pasa a seguinte ronda, (2) 5º de grupo A contra 6º do grupo B, (3) 6º do
grupo A contra 5º do grupo B e (4) 7º do grupo A contra 4º do grupo B, en
semifinais 1-3 / 2-4 e os campións xogan a final.
No hay comentarios:
Publicar un comentario